- Tematica
O pasado sábado 29 de novembro a Escola de Karate Dokkodo obtivo un magnífico balance na primeira Xornada da Liga Galega de Karate, celebrada no Pazo dos Deportes de Lugo. Lograron 14 medallas nas distinta categorías, das cales 2 foron de ouro, 7 de prata e 5 de bronce. Ademais, o club amesán destacou polo alto nivel das súas actuacións, participando en tres finais en kata e seis en kumite. A expedición da Escola Dokkodo, formada por 9 deportistas de diferentes categorías e niveis, asinou unha xornada moi sólida, con moita claridade de ideas e personalidade nos momentos decisivos.
Nesta primeira Xornada participaron un total de 33 clubs e máis de 700 deportivas, polo que estes resultados poñen en valor todo o esforzo dos e das karatekas da Escola de karate Dokkodo, que arrancou a tempada con moi boas sensacións, situándose no 13º posto do medalleiro que lles dá forza para seguir mellorando e encarar da mellor maneira posible as seguintes xornadas.
Vera Quintáns, da categoría Kata Alevín Feminino Avanzado, e Raúl Rodríguez, Junior Masculino < 61 kg en Kumite, foron os principais protagonistas do día ao gañar as dúas medallas de ouro para a escola. Ademais, Vera Quintáns repetiu podio ao obter a medalla de prata da súa categoría en Kumite.
En Kata, tamén houbo medallas de prata para Tiago Blanco e Martín Carballo e de bronce para Xián Blanco e Mateo Quintáns nas súas respectivas categorías. En Kumite, os metais estiveron moito máis repartidos: obtiveron a prata Xián Blanco, Iván Carballo, Jadel Rodríguez e Martín Carballo, e o bronce Tiago Blanco, Mateo Quintáns e Martina Barreiro.













