[10-11-2012] A festa por excelencia do outono, o Magosto, celebrouse este sábado 10 de novembro en Ames. A praza de Chavián, situada en Bertamiráns, acolleu esta celebración na que a veciñanza puido vivir unha tarde chea de música tradicional, castañas, bolos preñados e, como non, moita festa. O magosto comezou ás 17:00 horas e desenvolveuse ao longo de toda a tarde. Ademais, organizáronse varias actividades que xiraron arredor da micoloxía. Durante a tarde do venres realizouse unha charla – coloquio sobre a iniciación aos cogomelos á que asistiron arredor de 50 persoas. Trala parte teórica o sábado pola mañá pasouse á parte práctica cunha saída para recoller comelos na que participaron uns 100 veciños e veciñas.


Trala parte teórica o sábado pola mañá pasouse á parte práctica cunha saída para recoller comelos na que participaron uns 100 veciños e veciñas. Esta actividade desenvolveuse por distintas zonas da localidade de Bertamiráns. Os participantes dividíronse en tres grupos co fin de non esquilmar só unha zona en concreto. O primeiro grupo foi pola zona das Cortes, o segundo grupo centrouse na zona do Pedregal, e o terceiro grupo estivo pola zona de Cantalarrana (detrás do balneario do Tremo).
Os participantes tiveron acceso a cogomelos que medran en diferentes puntos do monte amiense (en carballeiras, piñeirais, debaixo dos bidueiros...). Recolleron arredor de 30 especies diferentes. Unha vez rematada a colleita estiveron escollendo os cogomelos que son comestibles daqueles que son tóxicos e realizaron una exposición que se puido ver durante a festa do Magosto.


Charla e saída micolóxica
Ademais do Magosto organizáronse varias actividades que xiraron arredor da micoloxía. Durante a tarde do venres realizouse unha charla – coloquio na Aula da Natureza sobre a iniciación aos cogomelos á que asistiron arredor de 50 persoas. Esta actividade foi impartida por Xaime González Ortega, profesor de secundaria e gran coñecedor do mundo dos cogomelos. A charla estivo centrada na importancia que teñen os cogomelos para os montes e tamén se explicou que os cogomelos non só se empregan na gastronomía senón que teñen outros usos.
A través deste obradoiro déronse a coñecer diferentes nocións para saber que é un fungo e diferenciar as partes e os distintos xéneros de cogomelos que existen. Tamén se explicaron as súas características morfolóxicas e que cogomelos son comestibles e cales non. Abordáronse aquelas especies que son consideradas máis significativas dentro dos cogomelos que se poden ver nos montes galegos.


A choiva non foi un impedimento para que este sábado moitos amiense gozarán da festa do Magosto que se desenvolveu na praza de Chavián, situada en Bertamiráns. A celebración comezou ás 17:00 horas cunha exposición dos cogomelos que se recolleron durante a saída micolóxica que se desenvolveu o sábado pola mañá. Dende o primeiro momento a música correu a cargo da agrupación amiense Follas Novas e do grupo de música tradicional Trécola, da Pobra do Caramiñal, que foron os encargados de animar a festa.
A partir das 18:00 horas fíxose o reparto de castañas e bolos preñados. A veciñanza amiense puido adquirir un vale por dos euros que incluía unha bolsa de castañas, un bolo preñado e unha bebida. Repartíronse 100 quilos de castañas asadas e 400 bolos preñados. Na celebración do Magosto colaboraron varias asociacións municipais como o Club de Atletismo MillaRaio, a Asociación do produto caseiro Lentura, Asociación cultural Follas Novas e a Asociación A Madalena.
Varios concelleiros e concelleiras do goberno municipal gozaron desta festa. Así estiveron no magosto o alcalde de Ames, Santiago Amor, a concelleira de Cultura, María Eugenia Martín, o concelleiro de Servizos, Ramón García Argibay, o concelleiro de Comercio e Promoción Económica, Bernardo Moar, a concelleira de Xuventude, María González, e o concelleiro de Obras, Alfredo Taboada.
Contido relacionado

El Correo Gallego: "As castañas e os cogomelos foron os protagonistas da festa do Magosto"




