Pestanas principais

Casi 200 familias de Ames beneficiáronse dos lotes de alimentos e as ceas de Nadal xestionadas pola Oficina de Voluntariado

Sábado, 02 de xaneiro de 2021

As campañas solidarias organizadas neste Nadal, conseguiron cifras exitosas grazas á colaboración do voluntariado e da veciñanza de Ames. Deste xeito, conseguiuse reunir algo mais de 400 quilos de alimentos de Nadal, 90 lotes de comida navideña e 120 menús de Noiteboa que se repartiron entre as familias máis vulnerables do concello.

Ames concello solidario e que ninguén quede atrás son os lemas da Oficina de Voluntariado, dependente da Concellería de Benestar Social, e así o demostrou neste Nadal. Nun ano onde as dificultades económicas foron maiores en moitas familias por mor da Covid-19, a OVA puxo en marcha nestas datas varias campañas para axudar ás familias máis vulnerables do Concello de Ames. 

A recollida de alimentos de Nadal foi a primeira campaña que comezou en novembro. Durante estes dous meses, conseguiuse reunir algo mais de 400  quilos de productos navideños como xamón, turrón, polvoróns ou demais doces. 

Dende o Concello durante o ano recóllense alimentos non perecedoiros e, polo tanto, o Banco de Alimentos sempre ten produtos a disposición daquelas persoas que o precisen. Non obstante, con esta campaña en concreto preténdese chegar sobre todo aos fogares das persoas maiores que viven soas e a aqueles onde hai menores.

A esta campaña sumouse o obtido no mercadiño solidario de troco, celebrado o pasado 12 de decembro, que tamén foi todo un éxito a pesar da situación e as restriccións.

Por outro lado, a Oficina de Voluntariado de Ames xestionou o reparto de 120 menús de Noiteboa, elaborados e doados polo hosteleiro José Sar para que ningún fogar do concello se quedase sen celebrar estas datas,e preto de 90 lotes de alimentos de Nadal, que todavía se siguen repartido a día de hoxe entre as familias que están a pasar unha situación económica complicada. 

Aproximadamente 200 familias de Ames, sobre todo naquelas onde hai menores, beneficiáronse destas campañas solidarias.

A concelleira de Benestar Social, Luísa Feijóo, explica que “este ano está sendo un ano difícil, un ano complicado xa non só pola crise sanitaria senón polos efectos que está a ter nas economías dos nosos veciños e veciñas. Dende o noso departamento intentamos axudar, na medida das nosas posibilidades, e unha vez máis recorremos a solidariedade amesá. Entre todos e todas seguro que conseguimos o noso obxectivo que é que ninguén quede atrás”.

O responsable d Oficina municipal de Voluntariado, Rubén Ramos, destaca a grande aportación de toda a veciñanza amesá amosando unha vez máis a solidariedade do pobo e destaca o seu agradecemento a todos os voluntarios e voluntarias que colaboran coas entregas de alimentos”.

Novas relacionadas: 

Compostela 24 horas: "Casi 200 familias de Ames beneficiáronse dos lotes de alimentos e as ceas de Nadal"

El Correo Gallego: "Ames dona alimentos para que celebren las fiestas 200 familias"

La Voz de Galicia: "Cerca de 200 familias de Ames se beneficiaron de los lotes de alimentos y cenas de Navidad"

Reparto de lotes de alimentos e as ceas de Nadal.

Multimedia

  • Reparto de lotes de alimentos e as ceas de Nadal.
  • Reparto de lotes de alimentos e as ceas de Nadal.
  • Reparto de lotes de alimentos e as ceas de Nadal.
  • Reparto de lotes de alimentos e as ceas de Nadal.