Pestanas principais

A Casa do Concello tinguirase de cor verde para conmemorar o Día Nacional da Artrite

Venres, 01 de outubro de 2021

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, súmase así á homenaxe a todas as persoas que sofren enfermidades reumáticas inmunomediadas. Por este motivo, durante a tarde – noite deste venres, a Casa do Concello iluminarase de cor verde para sensibilizar sobre estas enfermidades que afectan a máis dun millón de persoas en España.

Este venres, 1 de outubro, é o Día Nacional da Artrite. Estímase que en España hai máis de 1 millón de persoas que padecen artrite reumatoide, artrite psoriásica, artrite idiopática xuvenil, a espondilitis anquilosante e espondalite.  Estas enfermidades poden xurdir a calquera idade xerando un gran impacto tanto físico como psicolóxico pois son doenzas crónicas, é dicir, non teñen cura.

Co obxectivo de dar visibilidade a estas enfermidades, que son grandes descoñecidas para a gran parte da poboación, e apoiar ás persoas que as padecen, en 2006 a Coordinadora Nacional de Artrite, ConArtritis, xunto coas súas asociacións membro, puxeron en marcha a campaña “Outubro, mes da artrite e espondalite” xa que este mes concentra dúas datas sinaladas: o 1 de outubro Día Nacional da Artrite e o 12 de outubro Día Mundial das Enfermidades Reumáticas.

Precisamente para darlle visibilidade a estas enfermidades Casa Consistorial do Concello de Ames tinguirase de verde na tarde-noite deste venres. En 2020 ilumináronse máis de 130 edificios emblemáticos en todo o territorio nacional.

Ademais da iluminación de edificios e monumentos emblemáticos a campaña engloba: o vídeo de concienciación “Outubro é o noso mes, axúdasnos a que nos vexan? que se vai difundir en centros sanitarios e pantallas de autobuses. O I Congreso de Persoas con Artrite e Espondalite que se vai celebrar os días 7 e 8 de octubre.

A través da campaña “Vén de verde” en que se anima á poboación a subir ao perfil das redes sociais una foto cun filtro de cor verde. E tamén coa actividade Camiña e pedalea pola artrite e a espondalite que anima a realizar kilómetros a pie, andando o en bicicleta.

A Casa do Concello tinguirase de cor verde para conmemorar o Día Nacional da Artrite