Pestanas principais

A Casa do Concello de Ames tinguirase de verde para conmemorar o Día Mundial da ELA

Luns, 21 de xuño de 2021

Baixo o lema #LuzporlaELA a Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica celebra hoxe 21 de xuño o Día Mundial da ELA. Esta campaña vai tinguir de verde edificios e monumentos de toda España para visibilizar a enfermidade e apoiar ás persoas enfermas.

A concellería de Benestar e Promoción da Saúde únese a esta iniciativa tinguindo de verde a Casa do Concello. Ames súmase deste xeito a unha campaña que vai iluminar máis de 60 edificios en toda Galicia.

Dende AGAELA convidan a todos e todas a fotografar os edificios iluminados en verde e a difundilos nas redes sociais coa etiqueta #LuzporlaELA.

 A ELA é unha enfermidade neurodexenerativa incurable. En España diagnostícanse, cada día, tres novos casos de Esclerose Lateral Amiotrófica e falecen outras tres.

Día da Ela

Multimedia

  • Día da ELA