Pestanas principais

A Casa do Concello de Ames e a Casa da Cultura do Milladoiro ilumínanse de cor violeta para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller

Mércores, 25 de novembro de 2015

[25-11-2015] O alcalde de Ames, José Miñones, e a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Luísa Feijóo, acompañados de varios concelleiros/as do goberno e da corporación municipal asistiron esta tarde ao acto de acendido da iluminación de cor violeta coa que tinguiu a Casa do Concello, en Bertamiráns e a Casa da Cultura do Milladoiro, para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.

O Concello de Ames, a través da concellaría de Servizos Sociais, sumouse aos actos organizados pola Plataforma Feminista Galega, para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. Ademais, realizáronse unha serie de iniciativas propias como iluminar de cor violeta a Casa do Concello, en Bertamiráns, e a Casa da Cultura do Milladoiro.

O acto de acendido da iluminación de cor violeta tivo lugar este mércores, 25 de novembro, ás 18:00 horas. Deste xeito, dous dos edificios municipais mudaron á cor violeta, un símbolo co que o Concello de Ames quere mostrar o seu apoio ás reivindicacións feministas do día 25 de novembro.

A este acto asistiron o alcalde de Ames, José Miñones, e a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Luísa Feijóo, acompañados de varios concelleiros/as do goberno e da corporación municipal.

Tamén se repartiron lazos violetas nas principais dependencias do Concello. Estes actos reforzan un compromiso, o da loita contra a violencia de xénero, que se leva tempo poñendo en práctica organizando, por exemplo, as V Xornadas de Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero.