Pestanas principais

A Casa da Cultura do Milladoiro acolleu unha xornada sobre inmigración e o dereito a saúde

Venres, 06 de maio de 2016

[06-05-2016] Este venres pola mañá unha técnica da ONG Médicos do Mundo impartiu unha charla sobre o dereito á saúde, dirixida ás persoas inmigrantes veciñas de Ames ou dos municipios veciños. Esta actividade, organizada pola concellaría de Servizos Sociais e Igualdade, desenvolveuse na Casa da Cultura do Milladoiro. O vindeiro venres, 13 de maio, haberá outra xornada de formación para persoal dos Concellos e dos centros de saúde.

O Concello de Ames, a través da concellaría de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, asinou un compromiso de colaboración coa ONG Médicos do Mundo para a realización desta e dunha segunda xornada, dirixida a técnicos municipais e persoas dos centros de saúde, e programada para o vindeiro venres 13 de maio.

O obxectivo é dar a coñecer ás persoas con permiso de residencia, ou aquelas que tratan de adquirilo, os seus dereitos respecto á atención sanitaria. Na charla falouse das dificultades que estas persoas atopan para conseguir a tarxeta sanitaria ou para ser atendidos no SERGAS. Así mesmo informóuselles das formas de sortear estas dificultades e facer efectivo o seu dereito á saúde.

Esta charla estivo aberta tanto a persoas inmigrantes como a calquera persoa interesada neste problemática, e que quixese informarse sobre as vías de acceso para persoas inmigrantes á asistencia sanitaria.