[09-01-2017] O Concello de Ames convida aos veciños e veciñas ao acto de inauguración da mostra de pintura e modelado organizada pola Unión de Xubilados e Pensionistas de UGT de Santiago de Compostela. Dito acto terá lugar este martes, 10 de xaneiro, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. Esta exposición permanecerá exposta neste centro socio cultural ata o 25 de xaneiro.
Recentemente, dentro do programa de formación que desenvolve a Unión de Xubilados e Pensionistas de UGT de Santiago de Compostela, en colaboración coa Fundación UNIATE e coa subvención do INSERSO, celebrouse na comarca de Compostela un curso de iniciación de pintura e modelado, no que participaron 11 persoas.
Froito dese traballo, organizouse unha mostra na que se recollen as obras creadas en dito curso. A inauguración desta exposición realizarase este martes, 10 de xaneiro, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura de Milladoiro. Dende esta entidade agradécenlle ao Concello a colaboración prestada para levar a cabo o acto de inauguración e maila propia mostra.
Contido relacionado

El Correo Gallego: "A Unión de Xubilados de UGT abre unha mostra de pintura no Milladoiro"




