Pestanas principais

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle a quinta edición do evento LAB´S-Inventa a túa comunicación

Luns, 13 de xullo de 2015

[13-07-2015] A empresa amiense Escola Inventa, en colaboración co Concello de Ames, organiza este venres 17 de xullo, en horario de 16:45 a 20:00 horas, a quinta edición do evento Lab´s-Inventa a túa comunicación. Neste evento, que se celebrará na Casa da Cultura do Milladoiro, directivos de diferentes sectores, trasladarán a súa experiencia profesional e aprendizaxe aos participantes. Trátase dunha oportunidade de coñecer historias reais que inspiren aos asistentes para o día a día na empresa, ademais de descubrir novos relatores. Para os relatores é o resultado final do seminario “Sente a confianza para falar en público” no que se prepararon durante sete semanas en Escola Inventa. É un evento en aberto ata completar o aforo de 100 persoas, previa inscrición na páxina web de www.escuelainventa.com

Este venres, 17 de xullo, a Casa da Cultura do Milladoiro acollerá un evento que está organizado pola empresa amiense Escola Inventa, en colaboración co Concello de Ames. Este evento, que se desenvolverá entre as 16:45 e as 20:00 horas, estará composto de mesas redondas, Networking (traballar a túa rede de contactos) e momentos inspiradores. Tamén haberá mesas abertas ao público, nas cales se establecerán dúas quendas de preguntas de 20 minutos, onde os relatores responderán as preguntas dos asistentes.

Este evento estará impartido por directivos de diferentes sectores, que trasladarán a súa experiencia profesional e aprendizaxe aos participantes. Trátase dunha oportunidade de coñecer historias reais que inspiren aos asistentes para o día a día na empresa, ademais de descubrir novos relatores. Esta iniciativa é o resultado final do seminario “Sente a confianza para falar en público”, no que os participantes se prepararon durante sete semanas en Escola Inventa.

As temáticas do evento
"Unha boa nova" impartido por Alberto Mena López, "Be Different" por Miguel Ángel García Miguéns, "Efecto Mariposa" por María Gómez-Reino Garrido, "De 0 a 100, de 100 a -20" por Andrés López Santomé, "Buscando o equilibrio" por Nuno Troitiño Bibian, "Mensaxes que conectan co teu cliente" por Manuel Paderne Cebey.

Para obter máis información sobre este evento (programa, horarios, biografías dos poñentes, etc.) podes consultar a páxina web de www.escuelainventa.com