Pestanas principais

A Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá este venres a representación da obra teatral Elisa e Marcela

Mércores, 28 de febreiro de 2018

[28-02-2018] A obra “Elisa e Marcela”, unha coprodución da Panadaría co Centro Dramático Galego, será representada este venres, 2 de marzo, na Casa da Cultura de Bertamiráns ás 21:00 horas. A peza narra a historia destas dúas mulleres, Elisa e Marcela, que casaron no ano 1901 na igrexa de San Xurxo na Coruña. Dirixida a un público adulto, a obra aborda en chave de humor o casamento e os posteriores sucesos que envolven a súa historia. As entradas xa están dispoñibles na Billeteira electrónica. Tamén se poden mercar anticipadamente nas Casas da Cultura do Milladoiro e Bertamiráns, de luns a venres, en horario de 10:00h a 13:00 horas. O 10% das entradas resérvanse, como é habitual, para vender de xeito presencial desde unha hora antes do comezo do espectáculo.

A igrexa de San Xurxo na Coruña acolleu no ano 1901 o que foi o primeiro matrimonio homosexual do estado, o das galegas Elisa e Marcela. Un suceso histórico que a compañía teatral A Panadaría, en colaboración co Centro Dramático Galego, reinterpreta en chave de humor na súa obra teatral Elisa e Marcela.

A peza narra a historia destas dúas mulleres, do seu amor e do seu casamento após a transformación de Elisa en Mario, dos sucesos posteriores e das varias vicisitudes que envolven a súa vida. As actrices Areta Bolano, Noelia Castro e Alién Kendelman son as protagonistas desta peza, cuxa dirección correu a cargo de Gena Baamonde.

Elisa e Marcela será representada este venres, 2 de marzo, na Casa da Cultura de Bertamiráns ás 21:00 horas. As entradas xa están dispoñibles na Billeteira electrónica. Así mesmo, tamén se poden adquirir anticipadamente nas Casas da Cultura do Milladoiro e Bertamiráns, de luns a venres, en horario de 10:00h a 13:00 horas. O 10% das entradas resérvanse para vender, de xeito presencial, desde unha hora antes do comezo do espectáculo. Cada entrada ten un prezo de cinco euros, cun desconto do 50% para persoas maiores de 65 anos, menores de 12 e estudantes con carné.


Contido relacionado


Lindeiros: "Elisa e Marcela de Panadaría Teatro, este venres en Ames"