Pestanas principais

A Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá este venres día 20 a representación da obra de teatro infantil Ao ritmo da maxia da compañía Fusionarte

Luns, 07 de maio de 2012

[07-05-2012] O 11 de maio o auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolle a peza de teatro infantil Ao ritmo da maxia, da compañía Fusionarte. Ao Ritmo da Maxia é un espectáculo dinámico e interactivo creado para dar entretemento e diversión a través de varios ámbitos da maxia nun formato orixinal. Chrystyan Magic levará a curiosidade, o suspense e a ilusión cunha ambientación compartida no escenario co grupo do músico Álvaro Muras, para que o espectador dea renda solta á imaxinación e goce do espectáculo. A fantasía e as ilusións levarán ao público a un estado de atención no que será partícipe para o desenvolvemento da proposta. Xa se pode facer a reserva de entradas para este venres a través do teléfono 981 535 940 ou do enderezo cultura.milladoiro@concellodeames.org.

Esta fin de semana volve o teatro infantil a Ames da man da compañía Fusionarte. Ao Ritmo da Maxia é un espectáculo dinámico e interactivo creado para dar entretemento e diversión a través de varios ámbitos da maxia nun formato orixinal. Chrystyan Magic levará a curiosidade, o suspense e a ilusión cunha ambientación compartida no escenario co grupo do músico Álvaro Muras, para que o espectador dea renda solta á imaxinación e así o goce do mesmo. A fantasía e as ilusións levarán ao público a un estado de atención no que será partícipe para o desenvolvemento da proposta.

Trátase dun espectáculo apto para todos los públicos creado para dar entretemento e diversión a través da maxia, onde o mago está acompañado sobre o escenario con música en directo. O elenco artístico desta peza teatral está composto por Chrystyan Magic, mentres que a música corre da man de Bruno Couceiro, Julio Cuns e Álvaro Muras.

As entradas para asistir á función teñen un prezo de 4 euros para os maiores de 12 anos. Haberá un desconto do 50 por cento para os menores de 12 anos, estudantes con carné e maiores de 65 anos. As entradas poden reservarse ata este venres, ás 14:00 horas, a través do teléfono 981 535 940 ou do enderezo cultura.milladoiro@concellodeames.org. As entradas reservadas terán que recollerse o día da función entre as 17:30 h e as 18:00 horas. As entradas que non se recollan nese horario venderanse a partir das 18:00 horas. Despacharanse un máximo de 4 por persoa.



Contido relacionado


El Correo Gallego: "Bertamiráns acolle o venres a representación da obra Ao ritmo da maxia"