[31-05-2012] Un ano máis o alumnado do IES de Ames organizou un musical. Despois do éxito acadado cos musicais "Como a auga" e "Folía en Semasei", este ano representarán "Viaxe no tempo". O espectáculo inclúe teatro, música, danza, malabarismos, acrobacias e aspectos técnicos como escenografía, iluminación e son, vestiario e maquillaxe. Na representación do espectáculo participan directamente un total de 84 alumnos/as. Ademais, na realización da escenografía participaron arredor de 140 rapaces. A estrea do musical será este venres 1 de xuño. Pola mañá realizaranse tres pases: o primeiro, ás 9:45 h, está dirixido aos colexios do territorio municipal de Ames; o segundo, ás 11:30 h, e o terceiro, ás 13:00 horas, será para o alumando do IES de Ames. Pola tarde haberá dous pases un, ás 20:00 h, e outro, ás 21:30 horas, que están abertos ao público con invitación.
Tras a exitosa experiencia dos tres últimos anos, elaborando dous musicais: Como a auga e Folía en Semasei. Este ano o alumnado do IES de Ames presenta un novo proxecto, cuxo tema central é o dunha viaxe histórica no tempo. Este espectáculo é un dous grandes proxectos anuais do centro, pola cantidade de xente e departamentos que participan, polo alto nivel conseguido cada ano e polas dimensións que acada, tanto sociais, como educativas no máis amplo sentido da palabra. Neste proxecto colaboran o Concello de Ames, La Caixa, Centro Dramático Galego e a Deputación da Coruña.
Viaxe no tempo é unha experiencia educativa bianual, que consiste na realización dunha obra escénica orixinal que integra teatro, música, danza, malabarismos, acrobacias, cun fío argumental que supón un percorrido histórico dende un futuro inmediato ao bordo do colapso, ata unha serie de figuras relevantes na historia da humanidade. A participación de case todos os departamentos do instituto no proxecto xustifica a consideración deste musical como un modelo de transversalidade e colaboración entre departamentos cun obxectivo común.
A estrea do musical será este venres 1 de xuño. Pola mañá realizaranse tres pases: o primeiro, ás 9:45 h, está dirixido aos colexios do termo municipal de Ames; o segundo, ás 11:30 h, e o terceiro, ás 13:00 horas, será para o alumando do IES de Ames. Pola tarde haberá dous pases un, ás 20:00 h, e outro, ás 21:30 horas, que están abertos ao público con invitación.
Máis de 230 alumnos/as organizaron o musical
Na respresentación deste espectáculo participan directamente un total de 84 alumnos/as. Ademais, na realización da escenografía colaboraron arredor de 140 alumnos/as de Educación Plástica e Visual de primeiro e cuarto da ESO. Tamén hai que destacar a implicación do alumnado de 2º de Bacharelato. Deste xeito, participaron na organización deste musical máis de 230 alumnos/as do IES de Ames.
No musical interprétanse un total de 11 temas instrumentais. Todas ás intervencións musicais están interpretadas en directo por unha banda do instituto amiense. A banda está formada por un piano, teclado, xilófono, violoncello, dúas guitarras, baixo, saxo, trompeta, acordeón percusión e batería. Ademais, interpretaranse sete cancións, que serán cantadas en directo sobre o escenario.
Por outra banda a obra integra coreografías de diversos estilos: rock, danza do ventre, danza contemporánea, danzas étnicas, danzas populares, etc. Nas coreografías participan un total de 50 alumnos/as. A escenografía foi realizada por 140 alumnos/as de Educación Plástica e Visual de primeiro e cuarto da ESO.
En canto á iluminación o musical conta con un total de 21 focos e un canón de seguimento que alcanzan unha potencia de 18.000 watios, movidos por dous dimers. Para as proxeccións sobre a escena cóntase cun canón de proxección de imaxes e vídeos. O equipo material de amplificación conta con dúas mesas de mesturas, tres micrófonos de escena e a amplificación para o grupo musical. O equipo de luz e son está formado por catro alumnos/as.
Parte do vestiario conseguiuse grazas a un préstamo do Centro Dramático Galego. Ademais, a outra parte confeccionouno un equipo formado pola ANPA do instituto e catro alumnas do centro de ensino. Da maquillaxe encárganse as alumnas do ciclo medio de estética e perruquería do IES Lamas de Abade.
A asesoría xurídica e informe sobre dereitos de autor foi realizada por alumnas de 1º de bacharelato dirixidas polo departamento de filosofía. Paralelamente realizáronse unha serie de traballos expostos nunha liña de tempo coa coordinación do departamento de historia e a participación de todos os departamentos implicados no guión. O guión principal foi realizado por un alumno de 2º de bacharelato. Por último, na posta en escena participan seis profesores de distintos departamentos.