Pestanas principais

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle este xoves, 8 de abril, dous plenos extraordinarios para elixir ao novo alcalde e para a toma de posesión do concelleiro Santiago Márquez Noya

Mércores, 07 de abril de 2021

Este xoves, 8 de abril, vanse a celebrar dous plenos extraordinarios. Para as 20.00 horas está convocado un pleno extraordinario e urxente no que tomará posesión o concelleiro Santiago Márquez Noya, que pasará a formar parte do grupo municipal socialista dentro da Corporación municipal. A continuación, ás 20.30 horas, haberá un segundo pleno extraordinario para a elección do novo alcalde. Ditos plenos desenvolveranse no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns, para que poidan asistir todos os concelleiros e concelleiras de xeito presencial e garantir as medidas de seguridade sanitaria pola Covid-19. Só estará permitida a asistencia de público con convite. As sesións plenarias serán emitidas por streaming, a través da canle de Youtube do Concello de Ames.

O pasado luns 29 de marzo, o anterior alcalde, Jose Miñones, presentou por escrito a súa renuncia ao cargo de concelleiro e alcalde de Ames. Posteriormente, no pleno extraordinaria e urxente celebrado ese mesmo día 29 de marzo, deuse conta ao Pleno de dita renuncia, e en consecuencia declarouse a vacante producida. Deste xeito, solicitóuselle á Xunta Electoral Central a expedición de credencial a favor do seguinte candidato da lista na que se produciu a vacante (PSdeG-PSOE) que resulta ser Santiago Márquez Noya.

Ao tratarse dunha renuncia dun concelleiro, que ademais era o alcalde, debe procederse a elección dun novo alcalde. Para iso existe un prazo máximo, segundo se establece no ROF, de dez días dende a aceptación polo Pleno de dita renuncia. Este prazo esgótase o vindeiro 14 de abril, pero o pleno extraordinario para a elección do novo alcalde desenvolverase este xoves, 8 de abril, e estará presidido polo primeiro tenente de alcalde. Premendo nesta ligazón podes consultar a convocatoria da sesión extraordinaria para a elección de novo alcalde por renuncia do anterior.

Previamente, para as 20.00 horas está convocado un pleno extraordinario e urxente no que tomará posesión o concelleiro Santiago Márquez Noya, que pasará a formar parte do grupo municipal socialista dentro da Corporación municipal. Premendo nesta ligazón podes consultar a convocatoria desta sesión extraordinaria e urxente.

Ditos plenos desenvolveranse no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Dende hai xa varias lexislaturas vén sendo costume realizar os plenos de constitución das novas Corporacións e elección de alcalde na Casa de Cultura de Bertamiráns, para permitir unha maior afluencia e comodidade para os veciños/as que desexen asistir ao devandito acto.

Na actualidade, a situación actual de pandemia pola Covid-19 non permite a asistencia de público, pero si é necesario realizar os plenos nestas instalacións para permitir a asistencia presencial de todos os/as concelleiros/as coas pertinentes medidas de seguridade sanitaria pola Covid-19.

Só estará permitida a asistencia de público con convite, pero as sesións plenarias serán emitidas por streaming a través da canle de Youtube do Concello de Ames.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Blas García pone fin a la era Miñones en Ames"

La Voz de Galicia: "Blas García será elegido hoy alcalde de Ames en sustitución de José Miñones"

Lindeiros: "Blas García será desde esta tarde o novo alcalde de Ames"

Compostela 24 horas: "El pleno de Ames elige este jueves a su nuevo alcalde, cargo que se prevé que asuma Blas García (PSOE)"

Imaxe da Casa da Cultura de Bertamiráns