[18-05-2011] O mércores día 18 de maio ábrese o prazo para a solicitude e renovación de carnés de usuario/a e pases temporais das piscinas descubertas municipais. Para máis información deben pasar polo centro sociocultural do Milladoiro ou pola Oficina de Cultura e Deportes de Bertamiráns, en horario de 9:00 h. ás 14:00 horas.
Solicitude de carnés: Para a adquisición dos carnés, os usuarios/as deberán cubrir unha solicitude na Casa de Cultura do Milladoiro ou na Oficina de Cultura e Deportes de Bertamiráns anexando dúas fotos tamaño carné. Despois deste trámite o usuario/a poderá recoller o carné no mesmo sitio aos tres ou catro días.
Renovación de carnés: Os usuarios/as deberán entregar o carné nas Casas de Cultura e nun prazo de tres días o usuario/a poderá recoller o carné actualizado na Casa de Cultura correspondente.