Pestanas principais

Cancélase o concurso – desfile do domingo e mantense a programación do sábado e luns da Festa de Entroido do Concello de Ames

Venres, 13 de febreiro de 2026

O Concello de Ames, a través das Concellarías de Promoción Económica, Cultura e Educación, e xunto coa colaboración da Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), organiza a programación de Entroido 2026. Dita programación vai sufrir variacións debido á predición meteorolóxica que apunta choiva para este domingo 15 de febreiro. Deste xeito, cancélase o concurso de disfraces e o desfile no Milladoiro. A programación prevista para sábado e luns mantense sen variacións. O sábado haberá música polas rúas de Bertamiráns a cargo da charanga Os Celtas e unha exhibición de baile do alumnado da academia de baile Danzaya. O luns organízase o concurso de disfraces infantil.

A programación de Entroido do Concello de Ames comezará este sábado, 14 de febreiro, coa festa de Entroido. De 16.30 a 19.30 horas os integrantes da charanga Os Celtas serán os encargados de amenizar a festa polas rúas de Bertamiráns. Ademais, ás 17.00 horas, o alumnado da academia de baile Danzaya realizará unha exhibición de baile na praza da Maía.

Para este domingo, 15 de febreiro, estaba previsto o concurso de disfraces e o desfile no Milladoiro, pero debido á predición meteorolóxica, que apunta choiva para este domingo cancélase dito concurso de disfraces e o desfile polo Milladoiro.

Concurso de disfraces infantil
A programación prevista para o luns 16 de febreiro mantense sen variacións. Deste xeito, organizarase o concurso de disfraces infantil, que contará con dúas categorías: individual, con premios de 100 euros para o primeiro clasificado, 75 euros para o segundo e 50 euros para o terceiro; e en grupo, con 300 euros para o primeiro clasificado, 200 euros para o segundo e 100 euros para o terceiro.

Dito concurso está dirixido a nenos e nenas que teñan como máximo 12 anos. No concurso infantil aceptaranse inscricións de xeito presencial o propio luns 16 de febreiro, de 16.00 a 16.30 horas, na carpa que estará instalada na praza da Maía. Os/as nenos/as que se inscriban o día do concurso non disporán de música propia, facilitándolle música xeral.

Cancélase o concurso – desfile do domingo e mantense a programación do sábado e luns da Festa de Entroido do Concello de Ames

Multimedia

  • Cancélase o concurso – desfile do domingo e mantense a programación do sábado e luns da Festa de Entroido do Concello de Ames