Pestanas principais

Campaña de identificación animal-Recordatorio das obrigas dos posuidores de animais de compañía

Mércores, 09 de maio de 2012

[09-05-2012] O Concello de Ames informa que a Concellaría de Medio Ambiente puxo en marcha a campaña “IDENTIFICACIÓN ANIMAL”, que ten como finalidade recordarlle aos posuidores de animais de compañía que a identificación animal mediante microchip non só é unha obriga legal, segundo o artigo 8 do Decreto 90/2002 do 28 de febreiro, senón que tamén facilita a recuperación de animais extraviados. Por este motivo durante o mes de maio a Policía local levará a cabo controis exhaustivos, comprobando que as mascotas estean debidamente identificadas co correspondente microchip. Premendo no enlace que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o bando referente a esta campaña.