[05-11-2011] A Federación Galega de Comercio, a Federación de Comercio de Coruña e a Asociación de Comerciantes do Milladoiro (AEMI), celebraron esta tarde o acto final da campaña de dinamización do consumo nas vilas galegas, que baixo o lema “As compras na túa vila teñen premio”, tivo lugar no Milladoiro entre o 24 de outubro e o 4 de novembro.

Comerciantes e consumidores do Milladoiro acolleron a iniciativa con grande entusiasmo, recolléndose na urna habilitada para o sorteo máis de 10.000 boletos, o que significa un grande éxito de vendas e participación.
O acto final da campaña tivo un atractivo programa de actuacións para nenos e adultos durante todo o día. Pola tarde, actuou en directo a cantante Mariana, e a continuación tivo lugar o sorteo de 3.000 euros en premios (dúas tarxetas regalo de 300 euros e 24 tarxetas regalo de 100 euros).

O sorteo contou coa asistencia do Presidente a Asociación de Empresarios, Comerciantes e Profesionais do Milladoiro (AEMI), Carlos Neira; o secretario xeral da Federación Galega de Comercio, Luis Fernández; o presidente da Federación de Comercio de Coruña, Miguel Agromayor; o alcalde de Ames, Santiago Amor, o concelleiro de Comercio, Promoción Económica, Traballo e Turismo do Concello de Ames, Bernardo Moar; e a Directora Xeral de Comercio, Nava Castro; entre outros.
A iniciativa "As compras na túa vila teñen premio" estivo organizada pola Federación Galega de Comercio, en colaboración coas Federacións Provinciais de Comercio, a Dirección Xeral de Comercio e Novagalicia Banco. Nesta edición, ademais da xa rematada no Milladoiro, na provincia de A Coruña tivo lugar tamén en Boiro.


Contido relacionado

La Voz de Galicia: "La campaña de dinamización del comercio de Milladoiro recogió más de 10.000 boletos"
La Voz de Galicia: "Ambientación de altura y buenas ventas"




