[20-07-2012] As festas do Carme levan á lendaria aldea de Pontemaceira dous días de festa por todo o alto. Onde antano se disputaron guerras e crearon mitos ata converterse nun piar básico da historia galega, lanzaranse espectaculares fogos de artificio este venres 20 de xullo, ás 23:30 horas, tendo a ponte romana como escenario principal. Ao día seguinte, o 21 de xullo, farase unha pulpada para todos os socios da Asociación San Brais e a veciñanza deste lugar. O domingo 22 de xullo os veciños/as de Bugallido tamén celebran a festividade do Carme con actos relixiosos e a actuación da orquestra Miramar.
As festas na honra da Virxe do Carmen comezan esta noite cos fogos artificiais que se lanzan dende a ponte romana de Pontemaceira. O sábado 21 continuará a celebración das festas do Carme cunha misa ás 13:00 horas e a correspondente procesión. A continuación, desenvolverase o tradicional xantar ao que asiste toda a vila e todos os veciños que decidan achegarse. Estes actos están organizados pola Asociación de Veciños de San Brais.
As Festas da Virxe do Carme tamén chegarán con forza a Bugallido. O domingo 22 de xullo comezará cunha misa solemne ás 12.30 horas. Á saída, a orquestra Miramar farase cargo de animar o ambiente coa sesión vermú. Os amienses poderán bailar ao son da música na praza e deleitarse da beleza de Bugallido. Unha actividade recomendable é achegarse ao mirador da vila para albiscar as fermosas vistas do Val da Maía. Pola noite, ás 10:45 horas, a orquestra Miramar volverá a facer bailar a todos os amienses ata a 1:15 horas. As Festas do Carme chegan a Ames cheas de festa e música, rodeadas sempre da beleza das nosas vilas.




