Pestanas principais

Bugallido celebra as festas na honra de San Pedro

Venres, 29 de xuño de 2012

[29-06-2012] A parroquia amiense de Bugallido celebra durante esta fin de semana as festas na honra de san Pedro. Este venres, 29 de xuño, haberá verbena a cargo das orquestras Pontevedra e Xente Nova. O sábado celebrase o día do Sacramento. A partir das 12:30 h, realizaranse as primeiras comuñóns dos nenos e nenas da parroquia. A sesión vermú e verbena estarán amenizadas polos membros da Asociación Cultural Os Castros, a orquestra Tambo e o grupo Mimo. O domingo celebrase a festa na honra de san Antón. Haberá misa as 12:30 h e a sesión vermú correrá a cargo da orquestra Nueva Generación.

Xa estamos no verán e maior parte das parroquias amienses celebran durante estes meses as súas festas patronais. Nesta ocasión tócalle a quenda aos veciños e veciñas da parroquia de Bugallido. Os actos festivos comezan este venres, 29 de xuño, cunha verbena a cargo das Orquestras Pontevedra e Xente Nova. A actuación da orquestra comezará arredor das 10:30 horas.

O sábado 30 de xuño celebrase o día do Sacramento. A partir das 12:30 horas, realizaranse as primeiras comuñóns dos nenos e nenas da parroquia. Trala misa actuarán os membros da Asociación Cultural Os Castros. Xa pola noite a verbena estará amenizada pola orquestra Tambo e o grupo Mimo.

O último día das festas será o domingo, 17 de xuño. A festa irá na honra de san Antón. Os actos relixiosos comezarán ás 12:30 horas cunha misa. Tralos actos relixiosos, ás 13:30 horas, haberá sesión vermú correrá a cargo da orquestra Nueva Generación.


Contido relacionado


El Correo Gallego: "Bugallido celebra as festas na honra de San Pedro"