Pestanas principais

A brigada municipal de obras realizou arredor de 6.500 traballos desde maio de 2010

Sábado, 08 de xaneiro de 2011

[08-01-2011] Desde actividades de limpeza e desbroce ata o acondicionamento de recintos para actos oficiais ou de asociacións, estes son algúns dos traballos que levou a cabo a brigada municipal de obras do Concello de Ames desde maio de 2010. En total, arredor de 6.500 intervencións deste equipo fixeron máis cómoda a vida dos veciños e veciñas de Ames. Os traballos desta brigada están compostos por partes de traballo que son xerados maioritariamente por chamadas feitas ao Concello, por revisións de persoal dependente da concellería de Obras, tamén por peticións solicitadas no rexistro do Concello, por informes da Policía local, por notas internas e en contadas ocasións por chamadas de estrema necesidade a través da escala superior de mando do Concello. Esta brigada conta con máis dunha vintena de persoas en permanente actividade ao longo do ano.

A brigada municipal de obras do Concello non parou de traballar ao longo de 2010. Desde maio do ano pasado realizou máis de 6.500 traballos do máis variado por todo o termo municipal. Algunhas das súas actividades son continuas no tempo, como son os casos de desbroce, de limpeza ou de transportes, que están planificadas de antemán e desenvólvese permanentemente. Outros traballos son puntuais, como é o caso daqueles referentes a festas parroquiais, actos oficiais e actos das asociacións de veciños, que ademais soen ser máis amplos porque implican a varias brigadas traballando conxuntamente en cadansúa ocupación, como pode ser albanelería ou xardinería.

A meirande parte destes traballos, agás os xa mencionados que se realizan de forma permanente, funcionan en base a partes de traballos que se xeran por chamadas ao teléfono do Concello, revisións de persoal da concellaría de Obras e peticións que se solicitan no Concello por rexistro. Tamén se efectúan en base a informes da Policía local, notas internas e, ocasionalmente, chamadas de estrema necesidade. En total, desde maio do ano pasado xeráronse 1.400 partes de obra, dos cales se solucionaron 1.340 e ficaron pendentes para o presente ano 60. Estes son, maioritariamente, reparación de cristais de farois, renovación de sinais e arranxos en plaquetas.

A brigada máis atarefada en 2010 foi a dos electricistas. Estes operarios atenderon 294 partes desde maio. A que menos partes tivo foi a de varredoras, que rexistrou 6 avisos. Neste reconto non se inclúen aqueles operarios de almacén cuxo traballo non se organiza en partes e é realizado maioritariamente dentro da propia nave, agás soportes a outras brigadas.

A composición da brigada é diversa, como corresponde aos traballos que leva a cabo. Nela hai camioneiros, electricistas, albaneis, xardineiros, operarios de limpeza viaria rural e varredoras, ademais dun pintor, un operario de almacén, un carpinteiro, un tractorista e un fontaneiro. As persoas que traballan nela dependen en función da contratación de cada quen, mais o número oscilou en todo momento entre as 23 e as 34 membros. A brigada conta cun encargado que depende dunha xefatura de departamento de Obras adscrita a esa Concellaría.

Así, o persoal correspondente brigada de obras estivo composto o ano pasado por 22 persoal laborais fixas, 6 persoas de contrato anual e 6 persoas con contrato de 6 meses a os que lle corresponden de servizo do ano pasado os 4 últimos meses. A composición da brigada na confluencia de máximo persoal foi de 2 camioneiros, 2 electricistas, 1 xefe electricista, 1 pintor, 1 operario de almacén, 1 carpinteiro, 4 xardineiros, 2 oficiais albaneis, 2 peóns de albanelería, 1 tractorista, 4 operarios de limpeza viaria rural, 6 varredoras temporais, 1 encargado e un fontaneiro, e unha brigada temporal de obra civil composta por 5 operarios e 1 encargado.

A brigada non realiza todos os traballos no Concello. Algúns, debido ao seu tamaño e ao persoal que require, contrátanse a empresas externas por medio da Concellaría de Obras. Ademais dos traballos e peticións reclamados pola veciñanza, a brigada tamén atende partes e peticións doutras Concellarías. Así, por solicitude dos departamentos de Educación e Cultura e Deportes, durante o ano pasado rexistráronse múltiples intervencións de mantemento en colexios e en áreas deportivas.

A nova noutros medios dixitais:

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "La brigada de Obras y mantenimiento de Ames registró 6.500 intervenciones desde mayo del año pasado"
El Correo Gallego: "La brigada de obras amiense sumó desde mayo 6.500 actuaciones"
La Voz de Galicia: "El número de trabajadores adscrito al servicio municipal ronda entre los 23 y las 34 personas"