- Tematica
Esta pasada fin de semana, 4 e 5 de outubro, celebrouse en La Nucía-Alicante o Campionato de España por Seleccións Autonómicas sub16 e inclusivo en pista. Breixo Otero Redondo, do club de atletismo MillaRaio, participou en dito campionato na proba de lanzamento de disco contribuíndo ao excelente terceiro posto acadado pola selección galega masculina.
Máis de de 650 atletas participaron no Campionato de España por Seleccións Autonómicas sub16 e inclusivo en pista entre todas as probas individuais e de relevos. Participaron un total de 18 federacións con representación tanto en homes como en mulleres. Dito campionato disputouse os días 4 e 5 de outubro en La Nucía-Alicante, no Estadio Olimpic Camilo Cano.
Por parte da selección galega participaron 38 atletas (19 rapazas e 19 rapaces), entre os que se atopaba Breixo Otero Redondo, atleta do club de atletismo MillaRaio. Breixo Otero participou na proba de lanzamento de disco contribuíndo ao excelente terceiro posto acadado pola selección galega masculina.
Novas relacionadas:
Diario de Compostela: "El atleta Breixo Otero contribuye al bronce de Galicia en el Campeonato de España sub16"






