[14-08-2012] Os días 15, 16 e 17 de agosto celebrase na parroquia de Biduído as festas en honra a Nosa Señora, festividade que se organiza cada ano nesta localidade amiense. Co remate das festas da Peregrina en Bertamiráns, os veciños e veciñas do municipio poden gozar durante estes días doutro evento festivo máis, as festas de Biduído. Unhas festas onde haberá música para bailar e divertirse, así como varios actos relixiosos. As celebracións estivais seguirán no municipio durante a fin de semana, na que será a quenda das festas patronais de Piñeiro (18,19 e 20 de agosto).
Nos tres días que dura esta festividade en Biduído celebrarase unha misa solemne e posteriormente unha procesión na honra da Nosa Señora. Na xornada de mañá, mércores 15 de agosto, tras os festexos relixiosos terá lugar unha sesión vermú a cargo do Grupo Merengue, que se encargará tamén pola noite de encher de luces e son a primeira xornada das festas.
O xoves, a sesión vermú correrá a cargo da Orquestra Bellas Farto, que tamén será a protagonista da verbena nocturna. Por último, o venres, 17 de agosto, as festas de Biduído rematarán cunha sesión vermú e verbena que estarán amenizadas pola orquestra Los Españoles.
Contido relacionado
La Voz de Galicia: "Tres días de fiesta en la parroquia de Biduído"