Pestanas principais

As bibliotecas municipais de Bertamiráns e Milladoiro acollerán unha sesión de contacontos centrada no valor da diversidade

Martes, 24 de outubro de 2017

[24-10-2017] “Eu son así” é o epígrafe que engloba as sesións de contacontos que esta semana terán lugar nas bibliotecas municipais do concello de Ames. Nestas, narraranse historias que falen ás crianzas sobre a importancia da diversidade, e o beneficioso que resulta para todas e todos a súa existencia. O mércores, 25 de outubro, a sesión será na biblioteca do Milladoiro, mentres que o xoves, día 26, terá lugar na biblioteca de Bertamiráns. Ambas as sesións, cuxa entrada é libre e gratuíta, comezarán ás 18:00 horas. Os contacontos están dirixidos a crianzas entre os 3 e os 8 anos.