Martes, 03 de setembro de 2013
[03-09-2013] A biblioteca municipal do Milladoiro estará pechada ata o vindeiro domingo, 15 de setembro, por mor das obras de ampliación que se están realizando nestas instalacións municipais. Os traballos consistirán no acondicionamento dun local lindante coa actual biblioteca, que pasaría a integrarse como unha nova sala de estudo. Segundo o proxecto das obras, contémplase a creación dunha ampla zona de lectura, área de servizos hixiénicos, cuarto de limpeza e almacén. Ademais, inclúese a comunicación coa biblioteca existente. O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, pide desculpas polas posibles molestias que poidan ocasionar estas obras.




