Pestanas principais

A Biblioteca municipal de Bertamiráns estará pechada en horario de mañá o xoves 12 e o venres 13 de xaneiro

Mércores, 11 de xaneiro de 2017

[11-01-2017] Dende a Concellaría de Educación e Cultura informan de que a Biblioteca municipal de Bertamiráns permanecerá pechada ao público este xoves 12 e mailo venres 13 de xaneiro, en horario de mañá, debido aos traballos de pintado e mantemento que se van a executar. Estas instalacións abrirán ambos días en horario de tarde, entre as 15:00 e as 21:00 horas. Asemade, a sala de lectura anexa estará aberta de xeito ininterrompido durante ambos días.