[24-10-2014] As rúas Enterríos e Ameneiral de Bertamiráns converteronse esta tarde nunha pasarela de moda grazas ao desfile organizado pola Asociación de Comerciantes de Bertamiráns (ACB), que contou coa colaboración do Concello e co apoio económico da Deputación da Coruña. A iniciativa resultou un éxito de público, que encheu as inmediacións da Casa Consistorial. Ao evento asistiron o alcalde de Ames, Santiago Amor, a concelleira de Cultura, María Eugenia Martín, e o concelleiro de Promoción Económica, Bernardo Moar.
O obxectivo desta iniciativa da ACB é contribuír a dinamizar o comercio local, amosando a oferta do comercio textil de Bertamiráns. O desfile acadou un grande éxito de público, xa que foron moitos os veciños e veciñas de Ames os que se achegaron ata as rúas Entrerríos e Ameneiral para asistir a un espectáculo que combinou música, moda e baile.
O desfile de moda, no que participaron varios comercios de Bertamiráns, estivo presentado polo humorista Moncho Borrajo e pola xornalista Nazaret López. Nesta iniciativa tamén colaborou o IES de Ames, xa que os seus alumnos e alumnas representaron tres fragmentos do seu musical, amenizando o desfile de máis de 70 modelos.
Contido relacionado
El Correo Gallego: "Musical y pasarela con el comercio de Bertamiráns"
La Voz de Galicia: "Bertamiráns se transforma en una gran pasarela gracias al desfile de sus comerciantes"




