Pestanas principais

Bertamiráns prepárase para celebrar as festas da Peregrina os días 10 e 11 de agosto

Xoves, 08 de agosto de 2019

A localidade de Bertamiráns celebra durante esta fin de semana as festas da Peregrina. Os festexos comezan o sábado 10 coa celebración da V Festa do porco á brasa. O domingo 11 de agosto haberá pasarrúas, misa solemne e procesión, fogos de artificio, música, etc. O Concello de Ames e maila Deputación da Coruña colaboran na organización de ditas festas.

As festas da Peregrina de 2019 comezan este sábado, 10 de agosto, ás 19.00 horas, con pasarrúas. Pouco despois, ás 21.30 horas, haberá unha misa e a tradicional procesión de antorchas. A partir das 22:00 horas, no campo da festa da Peregrina, desenvolverase unha nova edición da festa do porco á brasa. Ao longo da noite haberá lanzamento de fogos de artificio, e ao remate da cea, actuará o grupo La Rosa. Os billetes para participar desta degustación do porco á brasa poden adquirirse no Bar Mero e na Casa Abelleira.

As festas continuarán o domingo, 11 de agosto. Ás 10:00h farase a tradicional tirada das 21 bombas de palenque. De seguido, ás 11.00 haberá farase un pasarrúas a cargo da charanga Tíralle do aire. Ás 12:00h haberá un concerto, a cargo da Banda de música de Arca, na praza da capela, e de seguido, ás 12.30h, oficiarase unha misa solemne. Unha vez rematada farase a procesión que estará acompañada pola Banda de música de Arca. A partir das 14.00 horas farase a tradicional tirada de bombas de palenque, que darán inicio a sesión vermú, que estará amenizada pola música da orquestra canaria Furia Joven.

Por último, a partir das 22.00 horas, haberá verbena no campo da festa da Peregrina a cargo do grupo Lume, que estará acompañado de Miguel Torres, e da orquestra Furia Joven.

Ligazóns:

Compostela 24 horas: "Bertamiráns prepárase para celebrar as festas da Peregrina os días 10 e 11 de agosto"

La Voz de Galicia: "Bertamiráns y Agrón llenan de fiesta el fin de semana de Ames"

La Voz de Galicia: "El mal tiempo deja a Ames sin la procesión de la Peregrina"

Cartel das festas da Peregrina, en Bertamiráns

Multimedia

  • Cartel das festas da Peregrina, en Bertamiráns