Pestanas principais

Bertamiráns acolleu hoxe a charla informativa sobre o novo Regulamento de Estranxeiría na que participaron preto de 60 persoas

Martes, 20 de maio de 2025

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu nesta xornada unha charla informativa para persoas migrantes sobre o novo Regulamento de Estranxeiría (Reloex), que entrou en vigor no día de hoxe. Ao longo de toda a mañá, un equipo de profesionais da Oficina de Estranxeiría da Coruña encargouse de informar sobre os cambios na nova normativa, xunto coas tramitacións asociadas á mesma. Desde xeito, búscase achegar e axudar ás persoas migrantes do Concello na xestión de trámites coma permisos de traballo ou de residencia. 

O auditorio de Bertamiráns acolleu esta mañá unha charla informativa sobre o novo Regulamento de Estranxeiría (Reloex), que entrou en vigor no día de hoxe, martes 20 de maio. A iniciativa, organizada pola Concellaría de Benestar Social do Concello de Ames e a Subdelegación do Goberno, estivo dirixida cara entidades de colectivos migrantes e o persoal de servizos sociais de Ames. Así mesmo, esta actividade está financiada polo Ministerio de Política Territorial do Goberno de España, a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia. Na organización desta charla tamén colaborou a Federación Española de Municipios y Provincias.

O  obxectivo desta iniciativa foi informar, por unha parte, ás persoas migrantes sobre os cambios incluídos na nova normativa e os trámites asociados é mesma e, por outra, formar ao persoal de servizos sociais do Concello nas novidades incluídas neste marco, a maioría delas a nivel electrónico.

Á xornada asistiron unhas 60 persoas de diferentes entidades e colectivos sociais: Cáritas Milladoiro, Ortoño, Santiago; Acougo; Arraianas; AVESANTI; Médicos del Mundo; Fundación Amiga; Igaxes, e Asociación de Peruanos en Santiago e Ames. Así mesmo, tamén estiveron presentes o alcalde de Ames, Blas García; a concelleira de Benestar Social, Uxía García, e a subdelegada do Goberno na provincia da Coruña, María Rivas.

O alcalde de Ames, Blas García, inaugurou esta xornada subliñando que “a realización deste tipo de xornadas é moi importante e necesario para poder atender ás posibles dúbidas que poidan ter as persoas afectadas, sobre todo neste caso concreto no que houbo un cambio de lei. As Administracións públicas estamos para poder dar resposta e atención a esas posibles cuestións e preguntas que poidan ir xurdindo entre a cidadanía”.

Pola súa banda, a subdelegada do Goberno na provincia da Coruña, María Rivas explicou que “o regulamento busca garantir un marco claro, estable e xusto para as persoas migrantes, para acceder tanto á residencia como ao mercado laboral. Todos e todas teñen dereito a vivir con dignidade, a traballar legalmente e a participar activamente na vida da súa comunidade”.

Sobre a xornada informativa
A charla sobre o novo regulamento de estranxeiría foi impartida polo xefe da Oficina de Estranxeiría da Coruña, Julio Simón, na que se informou sobre os cambios incluídos no novo regulamento.

Xunto co coloquio, un equipo de profesionais informáticos da Subdelegación do Goberno, foron os encargados de ofrecer unha sesión de asesoramento en trámites e xestións habituais na Administración electrónica, xunto coa tramitación do certificado dixital ou cl@ve permanente.

Bertamiráns acolleu hoxe a charla informativa sobre o novo Regulamento de Estranxeiría na que participaron preto de 60 persoas

Multimedia

  • Bertamiráns acolleu hoxe a charla informativa sobre o novo Regulamento de Estranxeiría na que participaron preto de 60 persoas