Pestanas principais

Bertamiráns acolle este sábado a segunda edición da carreira ciclista do pavo

Venres, 27 de decembro de 2013

[27-12-2013] A localidade de Bertamiráns acolle por segundo ano consecutivo a carreira ciclista do pavo, que está organizada pola Asociación Galega de Ciclistas. Este evento deportivo celebrarase este sábado, 28 de decembro, a partir das 16:00 na zona do Pedregal, en Bertamiráns. Trátase dunha proba deportiva coa que se pon fin a temporada ciclista de 2013. É unha festa do ciclismo na que poden participar todas aquelas persoas de máis de 14 anos que gocen coa práctica deste deporte, así como todos os ciclistas que dispoñan de licencia federativa. Esta proba dispútase nun circuíto circular. Os premios para os tres primeiros clasificados son un trofeo para cada un e un pavo, un polo e unha perdiz segundo a orde de chegada. As inscricións pódense realizar o propio sábado dende as 15:00 horas no contorno da saída do circuíto.

Este sábado, 28 de decembro, porase punto e final a temporada ciclista de 2013 cunha xornada festiva e lúdica na que se celebrará a carreira ciclista do pavo, que está organizada pola Asociación Galega de Ciclistas. Esta carreira volve a organizarse no concello de Ames despois que o ano pasado se realizase tamén na zona do Pedregal. Este evento está dirixido tanto a ciclistas federados coma a todas as persoas que gocen practicando este deporte. Poderán participar todos aquelas persoas maiores de 14 anos. Os participantes terán que levar a súa bicicleta e un casco para poder participar.

Os ciclistas con licenza federativa competirán nun circuíto circular duns 1.000 metros de lonxitude, aproximadamente. Este circuíto instalarase na zona do Pedregal, en Bertamiráns. En función do número de participantes organizaranse varias mangas na que participarán entre 25 e 30 ciclistas. En cada manga clasificaranse os cinco primeiros para disputar a gran final. Os tres primeiros clasificados levarán un trofeo e un pavo (para o primeiro), un polo (para o segundo) e unha perdiz (para o terceiro clasificado).

Para participar nesta carreira ciclista é necesario estar inscrito/a. Todas as persoas que desexen participar poderán realizar a inscrición o propio día da proba dende as 15:00 horas na saída do circuíto. Dende unha hora antes de que empece a carreira ciclista do pavo os membros da Asociación Galega de Ciclistas estarán no contorno do circuíto para poder facer as inscricións.