- Tematica
O Fútbol Club Meigas e o Concello de Ames organizan este sábado, 16 de agosto, ás 20.00 horas, no pavillón de Bertamiráns, o derbi galego da categoría de primeira de fútbol sala, que enfrontará ao Noia Portus Apostoli e O Parrulo Ferrol. O encontro enmárcase dentro do calendario de pretemporada de ambos conxuntos que, ademais, son os únicos representantes galegos na categoría. As persoas interesadas en asistir poden solicitar a súa entrada a través da seguinte ligazón.
Ames ten unha cita este sábado, 16 de agosto, co fútbol sala masculino galego, pois o pavillón de Bertamiráns é o escenario escollido para o partido de pretemporada que enfrontará aos dous únicos representantes galegos na primeira división do fútbol sala, ao Noia Portus Apostoli contra O Parrulo Ferrol. O partido disputarase ás 20.00 horas, no pavillón municipal de Bertamiráns. As persoas interesadas en asistir poden solicitar a súa entrada a través da seguinte ligazón. O prezo é de 5 euros para adultos e 2 euros para o público menor de 16 anos.
Para o o Noia Portus Apostoli é a cuarta temporada consecutiva que vai a xogar na primeira división do fútbol sala nacional masculino, mentres que para O Parrulo Ferrol, será a volta á elite do fútbol sala tras 3 anos en segunda división. Para o conxunto ferrolán, é o terceiro ascenso á primeira división do fútbol sala, tras o último acadado na temporada 2016/2017.






