Pestanas principais

Bases para a selección e contratación temporal de persoal da brigada de xestión da biomasa e labores silvícolas para a prevención de incendios forestais

Xoves, 14 de xuño de 2018

[14-06-2018] O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o decreto polo que se aproban as bases do proceso selectivo e se fixan as datas das probas para a selección e contratación temporal de persoal (1 enxeñeiro técnico forestal e 1 capataz) da brigada de xestión da biomasa e labores silvícolas para a prevención de incendios forestais, subvencionada a través do programa de fomento do emprego no medio rural, Aprol Rural, da Consellería de Economía, Emprego e Industria correspondente ao expediente TR351G2018-000071-1. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o devandito decreto coas bases.