Pestanas principais

Bases para a selección do alumnado traballador/a e persoal do obradoiro de emprego “RenovAmes-Brión II”

Venres, 18 de agosto de 2017

[18-08-2017] O Concello de Ames publica as bases para a selección do alumnado traballador/a e persoal do obradoiro de emprego “RenovAmes-Brión II”. Este obradoiro terá unha duración de 6 meses e contará con 15 alumnos/as traballadores/as e 4 persoas que formarán o equipo que dirixirá dito obradoiro (1 director/a, 1 mestre/a, 1 orientador/a e 1 auxiliar administrativo). Este obradoiro enmárcase dentro do programa de garantía xuvenil da Xunta de Galicia, para menores de 30 anos. Deste xeito, a selección dos alumnos/as traballadores/as farase entre os mozos/as que están inscritos neste programa e, que ademais, están apuntados como interesados/as en participar nestes obradoiros de emprego.

O obradoiro RenovAmes-Brión II está dirixido á colocación de equipamentos térmicos de biomasa (mellora da eficiencia enerxética) nos locais sociais de Ameixenda, Cruxeiras, Firmistáns, Casa do Concello, campo de fútbol de Bertamiráns, en Ames, e na escola infantil dos Anxeles, así como na escola rural de Luaña situadas en Brión. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as devanditas bases.