Pestanas principais

Bases para a selección do alumnado-traballador e persoal do Obradoiro de emprego “Entre Ríos”

Luns, 04 de agosto de 2014

[04-08-2014] O Concello de Ames, a través da concellaría de Promoción Económica e Traballo, informa de que se está realizando o proceso de selección do alumnado-traballador e persoal do Obradoiro de emprego “Entre Ríos”. Trátase dun programa de emprego e formación, subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar, e promovido polo Concello de Ames, en colaboración co concello de Brión. A especialidade a impartir é a de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. Neste obradoiro participarán 22 alumnos (18 alumnos/as do Concello de Ames e 4 alumnos/as do Concello de Brión). O equipo directivo estará composto por 5 profesores/as. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases para a selección do alumnado-traballador e persoal do Obradoiro de emprego “Entre Ríos”.