Luns, 08 de outubro de 2012
[08-10-2012] A Concellaría de Xuventude de Ames pon en marcha un curso de inglés destinado a formar a alumnos/as para a realización do exame Preliminary English Test (PET-B1). O curso, dirixido a persoas maiores de 18 anos, empadroadas no Concello de Ames e con coñecementos mínimos de inglés, celebrarase do 23 de outubro ao 4 de xuño no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. O prazo de inscrición estará aberto do 8 ao 19 deste mes. As prazas son limitadas ata un máximo de 15. O curso terá un custe de 187 euros, o que supón unha cota de 26 euros ao mes. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases e o impreso de inscrición para participar no curso de inglés.




