Pestanas principais

Bases do concurso de escaparates do Concello de Ames - Nadal 2013

Xoves, 19 de decembro de 2013

[19-12-2013] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Comercio, Promoción Económica, Traballo e Turismo, pon en marcha unha nova edición do concurso de escaparates no que os comercios amienses competirán co engalanado dos seus escaparates. Os escaparates deberán estar montados e expostos dende o 18 de decembro de 2013 ata o 5 de xaneiro de 2014. Repartiranse 2.000 euros entre os catro premios existentes. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases do Concurso de Escaparates Nadal 2013.