Pestanas principais

Bases da convocatoria de subvencións para a promoción de actividades levadas a cabo por asociacións culturais do Concello de Ames no exercicio 2016

Luns, 04 de xullo de 2016

[04-07-2016] O Concello de Ames aprobou a convocatoria de subvencións para a promoción de actividades levadas a cabo polas asociacións culturais en Ames, correspondentes ao exercicio 2016. O importe total das axudas acada os 40.000 euros. As bases foron aprobadas en Xunta de Goberno Local e o venres, 1 de xullo, saíron publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP). O prazo de presentación de solicitudes será dun mes dende o sábado 1 de xullo. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases desta convocatoria de axudas.O importe máximo que poderá recibir cada entidade non superará os 7.500 euros. Para percibir o importe íntegro da subvención concedida o beneficiario deberá xustificar a realización, como mínimo, dun gasto igual ao importe total do proxecto presentado. Os interesados deberán presentar as súas solicitudes nos rexistros do Concello, situados en Bertamiráns e no Milladoiro.