[29-08-2012] O Concello de Ames informa de que publicou a Ordenanza Municipal das tarxetas de estacionamento para persoas con mobilidade reducida no BOP número 154 do 14 de agosto de 2012. Poderán solicitar a tarxeta de estacionamento de vehículos todas aquelas persoas que, estando empadroadas no Concello de Ames, teñan recoñecida unha discapacidade polo Equipo de Valoración e Orientación (EVO), e que dito recoñecemento reflicta a dificultade para o uso do transporte público. Para máis información sobre os requisitos e documentación a presentar para a súa solicitude deberán achegarse ás oficinas municipais de Servizos Sociais de Bertamiráns e do Milladoiro. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar este bando.




