Pestanas principais

Bando sobre o pagamento dos impostos municipais do IBI e do IAE

Luns, 19 de setembro de 2011

[19-09-2011] O Concello de Ames comunica que estará en exposición pública o padrón do imposto sobre bens inmobles de natureza urbana, o padrón do imposto sobre bens inmobles de natureza rústica, o padrón do imposto sobre actividades económicas e o padrón do imposto sobre bens inmobles de características especiais referidos ao exercicio 2011. Ademais, comunícaselles aos contribuíntes afectados que o período voluntario de cobranza dos devanditos padróns será do 1/10/2011 ao 30/11/2011, ambas as dúas datas inclusive. Os contribuíntes que non reciban nos seus domicilios os instrumentos de ingreso disporán do mesmo prazo para solicitalos na oficina indicada e efectuar o pagamento nas entidades bancarias, posto que a non recepción non exonera da obriga do pagamento e non impide a utilización da vía de constrinximento. No caso de perda do devandito instrumento o obrigado ao pagamento poderá, ata o día 24 de novembro de 2011, obter un duplicado nas Oficinas de xestión tributaria do Concello de Ames situadas en Bertamiráns, na Rúa Entrerríos, 6 baixo, teléfono 981 88 49 19, ou no Milladoiro, na Rúa de Abaixo, 10 baixo, teléfono 981 53 09 83. Tamén se pode solicitar enviando un correo electrónico a recadacion.ames@gtt.es