Pestanas principais

Axudas para garantir o acceso á Internet de banda larga vía satélite

Xoves, 12 de setembro de 2013

[12-09-2013] O Concello de Ames informa de que o pasado 6 de agosto de 2013 emitiuse un bando sobre as axudas para garantir o acceso á Internet de banda larga vía satélite. No mesmo informábase que a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), dependente da Xunta de Galicia, abría a segunda convocatoria para contratar internet vía satélite para os veciños e PEMES que non poden acceder á Internet a través de conexións de cando menos 2Mbps mediante outra tecnoloxía. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter máis información sobre estas axudas.

Estas axudas serán tramitadas polas empresas de satélite acreditadas pola Xunta como entidades colaboradoras. Na páxina web de AGADER pódese consultar unha táboa comparativa cos datos de contacto das entidades colaboradoras e os servizos ofertados ao abeiro das axudas (http://agader.xunta.es/UserFiles/File/AxudasAGADER/Satelite%20-%20Taboa%...).

Nesta convocatoria, o prazo para que cidadáns e PEMES poidan solicitar as axudas remata o día 30 de setembro de 2013. De cara a facilitar a contratación deste servizo por parte daquelas persoas interesadas, recórdase que calquera veciño/a do concello pode facer uso das aulas de informática, situadas en Bertamiráns (Casa da Cultura) de luns a venres en horario de 9:30h a 13:00h e de 16:30h a 20:30h; e no Milladoiro (Casa da Cultura), de luns a venres en horario de 16:00h a 20:00horas.

Aquelas persoas que desexen máis información, poden poñerse en contacto coa Oficina de Banda Larga a través da dirección de correo electrónico oficina.bandalarga@xunta.es ou chamando ao 981 95 78 68, en horario de 9:00h a 15:00h de luns a venres.