[04-03-2011] O Concello de Ames informa de que o Ministerio de Educación vén de publicar no BOE número 50 de 28 de febreiro de 2011 a Orde do 17 de febreiro de 2011 pola que se convocan axudas para realizar cursos de idiomas no estranxeiro. O requisito común indispensable a todas as axudas é a de haber obtido neste curso 2010-2011 a condición de bolseiro do Ministerio de Educación.
Os interesados que cumpran os requisitos establecidos e desexen obter algunha das axudas que se convocan nesta orde, deberán cumprimentar o modelo de solicitude que figura en htpps://sede.educacion.gob.es a través do enlace "Trámites e Servizos". O prazo para a solicitude remata o 30 de marzo de 2011 inclusive, presentando a documentación mediante o Rexistro telemático da propia páxina. Tamén pode presentar a documentación por medio do portelo único do concello, por correo ordinario ou calquera dos procedementos previstos no artigo 38 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
Para obter máis información poden consultar o bando municipal sobre esta liña de axudas. Para iso tan só hai que premer na ligazón que hai ao pé deste anuncio.




