Pestanas principais

Axudas extraordinarias a emigrantes galegos retornados e aos seus familiares para o exercicio 2012

Venres, 20 de abril de 2012

[20-04-2012] O Concello de Ames informa de que a Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia convoca Axudas Extraordinarias e non periódicas dirixidas ós emigrantes galegos retornados e os seus familiares para o ano 2012 (DOG núm. 70, de 12 de abril de 2012). Poderán beneficiarse destas axudas os cidadáns españois que tiveron o seu lugar de residencia no estranxeiro e volveron a Galicia sempre que, antes de emigrar tivesen a súa ultima veciñanza administrativa en Galicia, e así estivese acreditado no correspondente consulado de España, así como os emigrantes naturais de Galicia que tiveron o seu lugar de residencia no estranxeiro e volveron á comunidade autónoma. Tamén poden solicitar estas axudas os familiares das persoas indicadas anteriormente unidos a estes por matrimonio, ou sexan parella de feito, parentesco por afinidade en primeiro grao, ou por adopción e parentes consanguíneos de ata o segundo grao, así como os viúvos/as ou orfos/as deses emigrantes.

As solicitudes tramitáranse nas oficinas de Servizos Sociais do concello, sitas no centro Sociocultural de Bertamiráns e nas oficinas de Servizos Sociais do Milladoiro PREVIA CITA, chamando ós teléfonos 981890964 e 981535941 respectivamente, rematando o prazo o día 27 de setembro de 2012. Tamén poderán presentarse no rexistro da Secretaría Xeral de Emigración, sita na rúa Os Basquiños, 2 – Santiago, hasta o día 30 de setembro de 2012. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o bando sobre as axudas extraordinarias a emigrantes galegos retornados e aos seus familiares para o exercicio 2012.