[09-03-2011] A película "Avatar" proxéctase este venres na Casa da Cultura de Bertamiráns a partir das 19:00 horas. Con este filme remata a programación do segundo ciclo de Cine Xove que comezou o 21 de xaneiro con Celda 211 e continuou o 11 de febreiro co Equipo A. Esta actividade está organizada pola Concellaría de Mocidade e busca ofrecer aos mozos e mozas do concello unha alternativa de ocio. "Avatar" marcou un antes e un despois na historia do cine ao ser o primeiro filme rodado con tecnoloxía 3D e ao superar os 2.000 millóns de dólares de recadación.
Nominada a 9 Oscars dos que se fixo con 3 -mellor fotografía, mellor dirección de arte e mellores efectos visuais-, Avatar foi a película do ano durante 2009 por estar rodada en 3D, o que supuxo un bo reclamo á hora de facer son diversos premios (mellor película e mellor director nos Globos de Ouro). Este venres 11 de marzo, aqueles que queiran gozar dunha nova experiencia cinematográfica poderán pasarse pola Casa da Cultura de Bertamiráns a partir das 19:00 horas para ver o filme de James Cameron co que dende a Concellería de Mocidade se pon fin ao segundo Ciclo de Cine Xove, organizado dende este departamento coa intención de ofrecer aos máis mozos/as de Ames unha alternativa de ocio.
Este segundo Ciclo de Cine Xove comezou o pasado 21 de xaneiro coa proxección na Casa da Cultura de Bertamiráns da gran triunfadora dos Goya en 2010, "Celda 211", película coa que o actor galego consolidou a súa fama como profesional da interpretación de gran calidade e tivo como segundo fito a proxección de "El equipo A," filme de acción co que se pretendía render un tributo cinematográfico á serie do mesmo nome que durante os anos 90 formou parte do grupo de series televisivas preferidas pola audiencia. Así, "Avatar" é a guinda final coa que se pecha o ciclo. Unha guinda que conseguiu rachar coa barreira dos 2.000 millóns de dólares de recadación, fito histórico no mundo do cine.
Argumento de Avatar
Jake Sully, un ex marine confinado nunha cadeira de rodas, é recrutado para viaxar ao planeta Pandora, onde un consorcio corporativo está extraendo un mineral que será crave para solucionar a crise enerxética da Terra. Debido a que a atmosfera de Pandora é tóxica, creouse o Programa Avatar, no que "condutores" humanos teñen as súas conciencias unidas a un avatar, un corpo biolóxico controlado de xeito remoto que pode sobrevivir nese contorno. Estes avatares foron creados xeneticamente como híbridos combinando ADN humano cos dos nativos de Pandora. Convertido nun avatar, Jake pode volver a camiñar. Se lle asigna a misión de infiltrarse entre os Na’vi, que se converteron nun obstáculo importante para a extracción do prezado mineral. A súa convivencia cos Na´vi fará que cambie de punto de vista sobre a extracción do mineral e da necesidade de talar a Árbore Nai que cobre o xacemento.
A nova noutros medios dixitais:
Contido relacionado
![]()
El Correo Gallego: "Ames concluye el viernes su ciclo de cine con Avatar"




