- Tematica
O alcalde de Ames, Blas García, e o concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, achegáronse esta mañá ata O Milladoiro para comprobar o estado das obras de derribo do inmoble situado no número 6 da rúa da Madalena, para constatar o avance dos traballos de demolición do mesmo e retirada de escombro. Ademais, este luns 17 de novembro asinouse o contrato para retomar as obras do centro multifuncional do Milladoiro, que foi adxudicado á empresa Iglesias Mera por un importe de 1.097.687,03 euros. As obras deste proxecto comezarán nas vindeiras semanas, mentres que os traballos da humanización na avenida de Rosalía de Castro encaran o seu tramo final.
Nos últimos anos, o Concello de Ames promoveu diversas actuacións de urbanización e humanización das rúas dos núcleos urbanos co obxectivo de dar un maior protagonismo ao peón fronte ao vehículo rodado, mellorar a mobilidade e buscar un deseño que responda ás necesidades dos usuarios. Esta actuación permite mellorar a comunicación das rúas Madalena, Estivada de Castelao e das Camelias, creando un espazo de estancia e de paso acolledor para os residentes da zona.
Este proxecto consta de varias fases: a primeira, a expropiación do inmoble, foi vinculada ao plan Ames Progresas 2021 – 2023. Unha vez expropiado o inmoble e habilitada a partida económica púidose executar a demolición do inmoble. Posteriormente, procederase a desenvolver o proxecto de humanización a cargo do plan Conecta Ames, dotado cun investimento de preto de 11 millóns de euros.
O alcalde de Ames, Blas García, e o concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, achegáronse esta mañá ata O Milladoiro para comprobar o estado das obras de derribo de dito inmoble situado no número 6 da rúa da Madalena. Unha vez derribado, falta por recoller o escombro e limpar dita zona. A continuación procederase a executar unha zona verde con xardín en dita parcela. Esta zona verde será provisional, antes de poder urbanizar as rúas Madalena, Estivada de Castelao e das Camelias.
Plan Conecta Ames
A actuación de humanización destas rúas está integrada nun proxecto de vertebración do municipio, a través da creación dunha senda ciclable que conecte O Milladoiro e o rural coas dotacións de referencia, integrando e poñendo en valor o patrimonio e os nodos sociais de referencia ubicados ao longo da mesma, que inclúe a conexión peonil e ciclista entre O Milladoiro e Bertamiráns (conexión Milladoiro - Biduído de Arriba – Bugallido – Ortoño - Bertamiráns); a recuperación de espazos públicos periurbanos como as rúas Ameixeiras e Juan Bueno Bueno, Bugallido, corredoira de Ortoño, Guimaráns, Buceleiras e Ortoño ata chegar á rúa Alcalde Lorenzo.
O plan Conecta Ames conta cun orzamento total de gasto de 10.912.878 euros. De dito importe o Concello de Ames vai sufragar 6.547.727 euros (60%), a través de fondos europeos FEDER da Estratexia de Desenvolvemento Integrado Local (EDIL), mentres que o 40% restante, que ascende a 4.365.151 euros, terá que ser achegado a través de financiamento propio, autonómico ou provincial.
Centro multifuncional do Milladoiro
Por outra banda, este luns 17 de novembro asinouse o contrato para retomar as obras do centro multifuncional do Milladoiro, que foi adxudicado á empresa Iglesias Mera por un importe de 1.097.687,03 euros. As obras deste proxecto comezarán nas vindeiras semanas, mentres que os traballos da humanización na avenida de Rosalía de Castro encaran o seu tramo final.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "Ames firma por 1,1 millones el contrato para concluir el centro multifuncional de O Milladoiro"
El Correo Gallego: "Frenesí de obras en Milladoiro: comienza la transformación en A Madalena"
Lindeiros: "Ames avanza na humanización do Milladoiro"
Diario de Santiago: "Avanzan os traballos de humanización do entorno das rúas Madalena, Estivada de Castelao e das Camelias, no Milladoiro"







