Pestanas principais

Avanzan as obras de acondicionamento do parque verde central do Milladoiro incluído na EDUSI Impulsa Ames

Martes, 11 de maio de 2021

Esta mañá o alcalde e concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, e maila concelleira de Deportes, Susana Señorís, visitaron o parque que se atopa xunto á zona de instalacións deportivas (pavillón, pistas deportivas, piscina descuberta, etc), Casa da Cultura e instituto. A través deste proxecto, que se enmarca dentro da EDUSI Impulsa Ames, estase acondicionando esta zona verde do Milladoiro. O final das obras que está realizando a empresa CYS HISPANIA SL, está previsto para final deste mes de maio. Está previsto que o parque á veciñanza se abra coincidindo coa apertura das piscinas descubertas do Milladoiro, prevista para o 15 de xuño.

O Concello de Ames está inmerso no desenvolvemento do Plan Impulsa Ames, que se enmarca dentro da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI). Un dos proxectos que se está executando é o acondicionamento do novo parque verde central do Milladoiro. Este proxecto foi adxudicado á empresa CYS HISPANIA SL por un importe de 130.706 euros.

Esta mañá o alcalde e concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, e maila concelleira de Deportes, Susana Señorís, visitaron dito parque, acompañados do director da obra e da arquitecta municipal. Debido ao recente cambio de alcalde, este proxecto pasou a depender da unidade de execución da EDUSI Impulsa Ames que depende da concelleira Susana Señorís. Anteriormente dependía da unidade de execución de Blas García, pero o alcalde non pode coordinar ningunha unidade de execución xa que é unidade de xestión da EDUSI Impulsa Ames.

O alcalde e concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, explica que “as obras avanzan a bo ritmo e está previsto para final deste mes de maio. Está previsto que o parque á veciñanza se abra coincidindo coa apertura das piscinas descubertas do Milladoiro, prevista para o 15 de xuño”. Ademais, destaca que a través desta actuación acondicionaranse máis de 10.000 metros cadrados de zonas verdes no Milladoiro. O novo parque verde central do Milladoiro vai a dar continuidade a zona onde xa está instalada a zona deportiva e educativa do Milladoiro”.

Acondicionamento das zonas verdes do Milladoiro
A través deste proxecto estanse acondicionando o espazo que está xunto á zona de instalacións deportivas (pavillón, pistas deportivas, piscina descuberta, etc), Casa da Cultura e instituto. O obxectivo é gañar unha zona de esparexemento e paseo na parte alta do núcleo urbano con zonas de descanso, camiños e areas de xogo. Nesta actuación, que abarca unha superficie de 12.000 metros cadrados de extensión, vaise reordenar o espazo para mellorar as zonas verdes do Milladoiro.

Deste xeito, estanse creando medio quilómetros de novas sendas peonís; acondicionando os accesos ao parque segundo a normativa de accesibilidade; instalarase un novo sistema de alumeado LED con 23 novas luminarias; instalaranse 2 mesas de tenis de mesa; novo mobiliario urbano (8 bancos e mesas), 14 papeleiras e 2 fontes (unha delas accesible); e un novo sistema de drenaxe e rego automático. Tamén se plantará nova vexetación (35 carballos e 9 abeleiras) e plantaranse enredadeiras en 9.500 metros cadrados.

Ademais, acondicionarase e ordenarase o espazo verde da zona alta do Milladoiro que está conectado, a través dunhas escaleiras e unha rampla accesible, coa Travesía do Porto, que foi urbanizada 2018 e na que se investiron 245.993 euros. Nesta mesma zona tamén se fixo unha rehabilitación das pistas polideportivas e da piscinas descubertas, construíuse un parque infantil accesible, instaláronse diferentes elementos biosaudables, e construíuse un anfiteatro e un parque de calistenia para á mocidade.

Senda peonil ata a zona baixa do Milladoiro
A intención do goberno municipal é potenciar este novo parque verde central do Milladoiro, xa que a zona urbanística cara onde ten que medrar de forma natural esta localidade amesá. Isto é o que segundo o propio Goberno municipal se está tratando de facer no Milladoiro. Deste xeito nunha segunda fase vanse a investir máis de 150.000 euros de fondos europeos FEDER, para realizar unha senda e zona de paseo no monte na contorna das rúas do Rego e da Costa Grande, e por debaixo do viaduto da AP-9.

A concelleira Susana Señorís salientou "a importancia destas obras porque van a recuperar para o paseo e o deporte unha zona do Milladoiro que agora mesmo está moi pouco utilizada, e é necesario que o núcleo máis grande do concello conte con máis zonas de ocio e esparexemento".

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "O Milladoiro, donde el verde sabe a poco"

La Voz de Galicia: "Avanzan las obras para la reforma del parque verde central de O Milladoiro, en Ames"

El Correo Gallego: "Recta final para el nuevo pulmón verde en la parte alta de Milladoiro"

Lindeiros: "Ames podería ter o parque central do Milladoiro a finais de mes"

Compostela 24 horas: "Avanzan as obras de acondicionamento do parque verde central do Milladoiro"

Obras de acondicionamento do parque verde central do Milladoiro

Multimedia

  • Imaxe da visita ás obras de acondicionamento do parque verde central do Milladoiro
  • Obras de acondicionamento do parque verde central do Milladoiro
  • Imaxe da visita ás obras de acondicionamento do parque verde central do Milladoiro
  • Imaxe da visita ás obras de acondicionamento do parque verde central do Milladoiro
  • Obras de acondicionamento do parque verde central do Milladoiro