Pestanas principais

Avanza a Axenda Urbana de Ames con dous novos foros participativos cos axentes clave do concello

Martes, 26 de marzo de 2024

O Concello de Ames continúa o desenvolvemento da súa Axenda urbana, o documento estratéxico que busca lograr a sustentabilidade nas políticas de desenvolvemento urbano. Para conseguilo, nesta ocasión  convoca dous encontros do Foro Municipal da Axenda Urbana de Ames os días 11 e 18 de abril para explorar proxectos estratéxicos cos principais actores do concello. Para acudir é necesario cubrir o formulario dispoñible nesta ligazón antes do 9 de abril.

A Axenda Urbana de Ames é a folla de ruta para dar resposta aos compromisos das entidades locais cos ODS da Axenda 2030, así como para canalizar de xeito planificado boa parte dos fondos propios, e os de financiamento alleo, ata 2030.

Así, co obxectivo de que sexa un proxecto participativo, o Concello de Ames organiza dous encontros do Foro Municipal da Axenda Urbana cos axentes clave do municipio. Estes encontros terán lugar o 11 de abril, ás 10:00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro; e o 18 de abril, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Para participar nestes encontros é necesario cubrir un formulario específico, dispoñible nesta ligazón, antes do 9 de abril.

O obxectivo destes foros participativos é facilitar o encontro entre as distintas entidades e actores do municipio, para que se poidan expoñer aquelas estratexias, proxectos e accións máis prioritarias que se están a realizar, ou está previsto realizar, desde o ámbito de actuación municipal.

Para resolver calquera dúbida pódese contactar con Juan Carlos Carreja Iglesias, técnico da Axenda Urbana de Ames, no enderezo juan.carreja@concellodeames.gal, ou  no teléfono 659 06 13 76.

Páxina web da Axenda Urbana municipal
Por outra banda, o Concello habilitou a web axendaurbanaames.com que conta cun espazo para que a veciñanza exprese a súa opinión sobre o futuro do municipio. O cuestionario, de carácter anónimo, inclúe preguntas relacionadas cos retos urbanos, económicos, medioambientais e sociais do municipio.

O cuestionario, de carácter anónimo, busca que a veciñanza valore os retos identificados na primeira fase da Axenda Urbana, a de diagnose. Nel inclúense preguntas relacionadas cos retos dos ámbitos urbano, económico, medioambiental ou social. A partir de aí, o Concello buscará respostas ás problemáticas detectadas a través de proxectos e accións concretas. 

Avanza a Axenda Urbana de Ames con dous novos foros participativos cos axentes clave do concello

Multimedia

  • Avanza a Axenda Urbana de Ames con dous novos foros participativos cos axentes clave do concello