Pestanas principais

As auxiliares do servizo de axuda no fogar melloran a súa formación

Venres, 18 de xuño de 2021

Benestar Social do Concello de Ames organizou dous cursos dirixidos aos traballadores e traballadoras  do SAF de Ames. Entre os días 9 e 30 de xuño, as e os asistentes acudiránn ao curso de “Prevención de riscos laborais”. Do 16 ao 23 de xuño, impártense os obradoiros de “Protección de datos e confidencialidade. Ambos cursos levaranse a cabo no Auditorio da Casa de Cultura de Bertamiráns.

Co obxectivo de colaborar co futuro laboral do persoal de axuda no fogar e mellorar no posible o servizo, a Concellaría de Benestar Social, a través do Departamento de Servizos Sociais, organizou dous cursos de formación de persoal de empresa.

Un dos talleres estase a impartir, dende o día 9 ata o 30 de xuño, no Auditorio da Casa de Cultura de Bertamiráns, de 16.00 a 20.00 horas. Nestas sesións de “Prevención de riscos laborais”, o alumnado coñece os principios xerais da prevención de riscos laborais, os fundamentos elementais da normativa sobre prevención de riscos laborais de España. Dereitos e Obrigas e os elementos principais da organización preventiva das empresas. Ademais, estúdanse os principais factores de riscos e os riscos asociados a actividade do servizo de axuda no fogar., así como as medidas preventivas xerais que se poden aplicar para o control dos riscos e as súas consecuencias.

O outro curso, baixo no nome “Protección de datos e confidencialidade”, impártese entre os días 16 e 23 xuño, en horario de 16:00 a 20:30 horas, no Auditorio da Casa de Cultura de Bertamiráns. Neste curso, as alumnas aprenderán o código deontolóxico da auxiliar de axuda a domicilio , o manual de boas prácticas no servizo de axuda a domicilio e as técnicas de comunicación das auxiliares ( confidencialidade, ruído, comunicación verbal adecuada, comunicación non verbal…). Ademais, complementarán a súa formación con casos prácticos.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Formación para o servizo de axuda no fogar maián"

Oficinas do Milladoiro.