Pestanas principais

A Aula de informática do Milladoiro tivo preto de 1.500 usuarios/as durante o 2016

Xoves, 29 de decembro de 2016

[29-12-2016] Aberta dende o ano 2003, a Aula de Informática do Milladoiro ten arredor de 1.500 socios, dos cales 47 foron novas altas ao longo deste ano. Ademais, 1.491 persoas empregaron a aula en 2016 para atender as súas necesidades informáticas. Este centro programou ao longo deste ano un total de trece cursos formativos nos cales participaron 111 persoas. A vindeira semana, entre os días 2 e 5 de xaneiro, esta Aula permanecerá pechada por descanso do persoal que o atende. A volta de vacacións de Nadal publicarase a programación do vindeiro trimestre con novos cursos e actividades.

Durante as horas de Aula Aberta, calquera persoa empadroada no Concello e Ames pode facer uso da aula de informática. Para iso debe cubrir unha ficha cos seus datos persoais, para levar un rexistro dos usuarios/as da centro. Dáselles o número de usuario e explicáselles as normas. Durante as horas de aula Aberta, os usuarios/as poden entrar na aula e facer traballos persoais, crear e/ou consultar o correo electrónico, ler o xornal, xogar, buscar información, consultar a web do Concello, practicar o aprendido nos cursos, aprender mecanografía...

Na aula sempre está a persoa responsable da súa xestión para prestar axuda ás persoas que o precisen, levar o control dos usuarios e comprobar que se cumpren as normas de funcionamento. O horario de Aula aberta é de luns a xoves, de 16:00 a 20:00 horas, e os venres, de 9:30 a 13:30 horas. No verán o horario é de luns a venres de 10:00 a 13:00 horas. Durante este ano empregaron este servizo un total de 1.491 (faltan por contabilizar os usuarios de decembro), sendo os meses de febreiro, marzo, abril, maio e novembro os de maior afluencia de usuarios/as. Ademais, déronse de alta 47 novos socios/as para poder usar o servizo de Aula Aberta.

Por outra banda, dende este centro de informática impártense varios cursos ao longo do ano. A programación faise de xeito trimestral, agás nos meses de agosto e setembro, que só hai horario de Aula Aberta. Estas xornadas ou obradoiros están dirixidos a un sector da poboación concreto que normalmente se establece por idade e/ou tema. A súa duración dependen da temática a tratar, 7:30 horas, 5 horas, 3 horas... As actividades de adultos fanse en dous horarios, a elixir, pola mañá ou pola tarde, mentres que as actividades de nenos/as desenvólvense pola tarde, despois da xornada escolar. Este ano programáronse trece cursos formativos nas cales participaron 111 persoas.

Desde xaneiro ata xuño tamén se impartiu un obradoiro de alfabetización dixital para a Escola Integral de Maiores. Este actividade consistiu na realización dun obradoiro básico para que os maiores se achegaran ao mundo da informática sobre todo de Internet, no que poder descubrir cantidade de información para actividades da vida diaria como ler xornais, pedir cita para o médico de cabeceira, buscar receitas de cociña, crear e manexar unha conta de correo electrónico... Tamén realizaron actividades co procesador de textos Writter, para elaborar un menú semanal usando ás táboas, facer a listaxe da compra, escribir un texto cambiando as cores e tamaño das fonte, inserir imaxes, etc.

Contido relacionado


El Correo Gallego: "A aula informática do Milladoiro contou con 1.500 usuarios en 2016"