[29-09-2014] A Aula de Informática do Milladoiro inicia a súa programación de outono cun obradoiro de mecanografía dirixido a maiores de 18 anos que se desenvolverá a partir do 21 de outubro. Para o mes de novembro a Aula programa, entre o 17 e o 20, unhas xornadas de iniciación á Internet. No mes de decembro os nenos e nenas de entre 6 e 8 anos poderán participar no xa tradicional obradoiro de elaboración de postais de Nadal. O prazo para inscribirse nestes obradoiros comeza o 1 de outubro. Por outra banda, a Aula de informática do Milladoiro mantén un horario de aula aberta para que os usuarios e usuarias poidan traballar e facer as consultas que desexen, baixo a tutela da técnica do servizo.
A Aula de Informática do Milladoiro inicia a súa programación de outono cun curso de mecanografía para adultos que se desenvolverá os días 21, 22, 23, 27 e 28. Hai dúas quendas para este obradoiro, unha de mañá, entre as 10:00 e as 11:00 horas e outra de tarde que terá lugar entre as 18:30 e as 19:30 horas. O número de prazas en cada unha das quendas será de dez.
Para o mes de novembro está prevista a realización dunhas Xornadas de iniciación á Internet dirixidas a persoas maiores de 18 anos. Tamén neste caso prográmanse quendas de mañá e de tarde e en cada unha delas admitiranse 10 persoas. Pola mañá o horario será de 10:00 a 11:30 horas e pola tarde de 18:00 a 19:30 horas.
O obradoiro de postais de Nadal, dirixido a nenos e nenas de 6 a 8 anos realizarase do 16 ao 18 de decembro, en horario de 18:00 a 19:00 horas. Para este obradoiro hai dispoñibles 10 prazas.
As inscricións para todos estes obradoiros poderán realizarse a partir do 1 de outubro na Aula de Informática que está situada na casa da Cultura do Milladoiro. As prazas cubriranse por orde de inscrición. Terán preferencia as persoas que non participaron nas mesmas actividades en trimestres anteriores. Para inscribirse é preciso estar empadroado no Concello de Ames e para que se formen os grupos é necesario un mínimo de sete persoas inscritas.
As inscricións poderán facerse en horario de Aula Aberta, de luns a xoves de 16:00 a 20:00 horas, e os venres de 9:30 a 13:30 horas. Calquera persoa que desexe máis información poderá obtela directamente na Aula de Informática, enviando un mail a informatica.milladoiro@concellodeames.org ou chamando ao teléfono 981 53 59 40.
Aula aberta
Por outra banda a Aula de Informática do Milladoiro mantén un servizo de Aula aberta para que todas aquelas persoas que desexen facer tarefas particulares tales como consultar o correo electrónico, facer traballos persoais, ler o xornal, pedir unha cita médica ou buscar información. O horario de acceso da Aula Aberta é de 16:00 a 20:00 horas de luns a xoves. Os venres, o servizo de aula aberta préstase pola mañá, entre as 9:30 e as 13:30. Para poder beneficiarse deste servizo é preciso estar empadroado no Concello de Ames.




