[04-01-2011] Todos os usuarios da aula de informática do Milladoiro xa se poden apuntar nos cursos que están preparados para os meses de xaneiro, febreiro e marzo. Xornadas para iniciarse na Internet, un curso de iniciación a Windows e Word ou un curso para descubrir o entroido na rede son algunhas das actividades que se ofertan para estes tres primeiros meses do ano. Ademais vanse organizar unhas xornadas de iniciación a Internet para os membros do Club de Pensionistas y Jubilados do Milladoiro e un obradoiro de informática para os usuarios/as da Escola de Maiores. O prazo de inscrición comeza o día 10 de xaneiro. O horario para entregar as solicitudes de inscrición será de 16:00 h. a 20:00 horas.
Contido relacionado
La Voz de Galicia: "El aula informática organiza nuevos cursos en Milladoiro"




