Pestanas principais

A Aula de Informática do Milladoiro ofrece dous novos obradoiros e unhas xornadas entre os meses de xaneiro e marzo

Martes, 09 de xaneiro de 2018

[09-01-2018] A Aula de Informática do Milladoiro comezará o 2018 coa organización dun obradoiro de correo electrónico no mes de xaneiro. Dirixido a maiores de 16 anos, o obradoiro desenvolverase do día 23 ao 25 deste mes. Posteriormente, no mes de febreiro, entre os días 15 e 21, a Aula de Informática ten programada a realización dun obradoiro de busca de emprego na rede. Por último, no mes de marzo, os días 12, 14, 19 e 21, desenvolveranse unhas xornadas de iniciación á internet para maiores de 18 anos. O prazo de inscrición destes obradoiros, que son gratuítos, permanecerá aberto desde hoxe ata que se cubran todas as prazas. A túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as solicitudes de inscrición dos obradoiros.


A Aula de Informático do Milladoiro comezará o 2018 coa realización dun obradoiro de correo electrónico, que se desenvolverá os días 23, 24 e 25 de xaneiro. O obradoiro, que estará destinado para persoas maiores de 16 anos, contará con dúas quendas: unha de mañá, entre as 10:00h e as 11:30:h, e outra de tarde, entre as 18:00h e as 19:30 horas. Para cada unha das quendas ofértanse 10 prazas. A actividade terá, no total, unha duración de 4,5 horas.

No mes de febreiro, está prevista a realización doutro obradoiro, nesta ocasión acerca da busca de emprego na rede. O obradoiro, que tamén estará dirixido a maiores de 16 anos, contará, asemade, con dúas quendas. A de mañá será de 10:00h a 11:30 horas, mentres que a da tarde desenvolverase entre as 18:00h e as 19:30 horas. Este obradoiro impartirase os días 15, 19, 20 e 21 de febreiro, conformando en total 6 horas de formación. Existen 10 prazas dispoñibles por quenda.

En marzo, pola súa banda, terán lugar unhas xornadas de iniciación á internet para maiores de 18 anos, que se desenvolverán os días 12, 14, 19 e 21 de marzo. Haberá dúas quendas, no mesmo horario que o dos obradoiros, con 10 prazas cada unha. A duración completa desta formación completará as 6 horas.

Tramitación das inscricións
O prazo de inscrición comezou este martes, 9 de xaneiro, e permanecerá aberto ata que se cubran todas as prazas. Para inscribirse, as persoas interesadas poderán achegarse ata a Aula de Informática da Casa da Cultura do Milladoiro, de luns a xoves, en horario de 16:00h a 20:00 horas, e os venres de 09:30h a 13:30 horas. Do mesmo xeito, tamén é posible inscribirse a través do enderezo de correo electrónico informatica.milladoiro@concellodeames.gal, enviando cuberta e asinada a solicitude de inscrición. As prazas cubriranse por rigorosa orde de presentación de solicitudes, tendo preferencia as persoas que non teñan participado nas mesmas actividades en trimestres anteriores. Para participar, é preciso estar empadroada ou empadroado no Concello de Ames. Os cursos só se realizarán cando haxa un mínimo de sete persoas inscritas.

Aula Aberta
A aula de Informática do Milladoiro mantén un servizo de Aula Aberta para que todas aquelas persoas que o desexen poidan facer tarefas particulares tais como consultar o correo electrónico, facer traballos persoais, ler o xornal, pedir unha cita médica ou buscar información. O horario de acceso da Aula Aberta é de 16:00 a 20:00 horas, de luns a xoves. Os venres, o servizo préstase de mañá, entre as 09:30h e as 13:00 horas. Para poder beneficiarse deste servizo é preciso estar empadroada ou empadroado no Concello de Ames. 


Contido relacionado


Lindeiros: "Aberto o prazo de inscrición para os obradoiros da Aula de Informática do Milladoiro en Ames"